Os climogramas de Galicia móstrannos en xeral unhas temperaturas medias frescas tanto no verán como no inverno e con pouca amplitude térmica. Os maiores contrastes atopámolos en Ourense máis afastada da influencia mariña.
As precipitacións son abundantes excedendo na maioría dos casos os 1.000 mm e en agunos casos próximos aos 2.000 mm (excepto Ourense con 814 mm). Santiago de Compostela é estación meteorolóxica que recolle maiores precipitacións alcanzando unha media anual de 1895 mm e Vigo con 1881 mm.
Galicia é talvez a comunidade autónoma con precipitacións máis elevadas (no seu conxunto), beneficiada pola dinámica atmosférica grazas á súa posición xeográfica.





.png)

No hay comentarios:
Publicar un comentario