Meteoescolas 2015-16

ACTIVIDADE 1: Coñecemento e manexo dos instrumentos de medida da estación meteorolóxica.

1)   Obxectivos:
a)    Explicar os distintos instrumentos de medida da estación meteorolóxica.
b)   Coñecer e poñer en práctica o protocolo de toma de datos meteorolóxicos.

2)   Procedemento:
a)    Exposición na aula, mediante presentación Power Point, das características e utilización dos instrumentos de medida.


b)      Aplicación práctica da información obtida baixo a supervisión dun profesor.

ACTIVIDADE 1: Medicións e Instruccións






ACTIVIDADE 3:    Chuvia de Refráns  -    Alumnado 4º PDC

1)   Obxectivos:
Preparar material para a exposición de fin de curso

2)   Procedemento:
Coa lista de REFRÁNS recopilado polos alumnos/alumnas de 1º ESO, O alumnado de

  4º PDC    prepararon unhas cartulinas para a exposición de fin de curso

ACTIVIDADE 2:  Refráns e Léxico relacionados co clima.
 

1)   Obxectivos

Ampliar vocabulario en lingua galega.
Favorecer o uso da lingua galega a través de diferentes actividades 
lúdicas e   didácticas.
Coñecer e valorar a riqueza lingüística referida ao vocabulario do 
campo semántico do Tempo Meteorolóxico
Coñecer e diferenciar termos semánticos como: Campo semántico 
e Familia Léxica a través do coñecemento do tempo meteorolóxico.
Valorar a riqueza do patrimonio cultural a través do refraneiro 
popular galego.
Aprender a valorar o coñecemento que os nosos maiores teñen da 
lingua galega e dos termos relacionados co tempo.

2)   Procedemento:

Actividade inicial:
Explicar a diferenza entre Campo Semántico e Campo Léxico 
utilizando palabras referidas ao tempo meteorolóxico que o 
alumnado xa coñecía.
Chuvia de refráns: cada un deles foi referindo un refrán ou dito 
relacionado co tempo.

Actividades da primeira avaliación:
O alumnado, a través dos seus familiares, investiga e achega 
termos, ditos e refráns relacionados co tempo meteorolóxico.
Posta en común na aula de todo o acervo léxico conseguido.
Procura dos significados das palabras e dos refráns que non 
coñecían.


ACTIVIDADE 3: Chuvia de Refráns . Alumnado 4º PDC




                    (Preparación en cartulina para la exposición)


CHUVIA DE REFRÁNS
Marzo ventoso, abril chuvioso
Ata o corenta de maio non tires o saio
En abril, augas mil.
Se xea por San Blas, trinta días máis
Sol de febreiro, rara vez dura un día enteiro
Ceo empedrado, choiva decontado
Gaivotas á terra, mariñeiros á merda
Por Santo Andrés, neve nos pés
Cando ceo está de la, se non chove hoxe choverá mañá
En novembro como é o dous é o tres e o resto do mes
Marzo ventoso, abril chuvioso.
O cuco cantando, o verán rematando
CHUVIA DE REFRÁNS
Xaneiro frío ou temperado, pásao abrigado
Auga de marzo, herbazo
A finais de abril, en flor a vide.
Xulio quente queima ao máis valente
Por San Miguel, a calor non pide parasol
Se en outubro sentes frío, aos teus animais dálle abrigo
Decembro chuvioso, ano ditoso
Marzo chuvioso, abril ventoso, dan paso a un maio florido e fermoso.
A auga de maio non fai dano
Abril frío, pan e viño
A auga en maio, mata a porca dun ano
CHUVIA DE REFRÁNS
Cando a carballeira zoa, medade do inverno vai fóra
Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoitado.
Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón
O sol de xaneiro sempre detrás do outeiro
En febreiro, sete mantas e un sombreiro
Banda de norte ao mediodía auga segura ao outro día
Mañás con néboa, tardes de paseo
Noite estrelada, día asollado
En decembro, xean as canas e ásanse as castañas
En abril, choivas mil e todas caben nun barril
CHUVIA DE REFRÁNS
Ano ruín cando chove moito en xaneiro e hai néboa en abril
Choivas en xaneiro traen ano de diñeiro
Ao mal tempo, boa cara.
Quentura de maio pan para todo o ano
Ceo enladrillado, tempo variado
Se xea ben por xaneiro, choverá en febreiro
Auga de febreiro, enche o celeiro
Os aires e os soles de marzo queiman as donas do pazo
Marzo de choivas cargado, ano desgraciado 
A chiva da primavera alegra a carteira.
CHUVIA DE REFRÁNS
Entre Santos e Nadal, ben chover ou ben nevar
Cando o viño está a ferver, a faba está a nacer.
A todo porco lle chega o seu San Martiño
O verán de San Martiño
En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro
En marzo, nin migas nin espalto
En abril, cortas o cardo e sáenche mil
En xuño e agosto, nin dama nin gosto
En xuño, o día 21 é longo coma ningún
Por Santa Lucía quítaselle á noite e pónselle ao día

CHUVIA DE REFRÁNS
Por Santa Margarida, máis que dar quita
Lúa de agosto, frío no rostro.
Se xea por San Blas, tres días máis.
A neve en decembro é ferro
O sol de xaneiro é pouco duradeiro
Garda o sol de marzo, estarás fermosa todo o ano
Por Santa Rita, a auga dá máis que quita.
As choivas de abril e maio, son as mellores de todo o ano.
No més de xaneiro, os pés no braseiro
Marzo marzal, á noite cara de lobo e á mañá cara de can
Cando chove e vai sol, anda o demo por Ferrol
CHUVIA DE REFRÁNS
Cando chove e vai sol, sae o arco do Señor.
Chuvia de mar e vento de ría, hai foliada para todo o día.
Sol madrugadeiro, non é bo compañeiro.
Para o Santo Andrés, neve nos pés
Se en outubro sentes frío, aos teus animais dálle abrigo
Ano hortelán, máis palla ca gran
Ata o 11 de febreiro, non quites o sombreiro
Nunca choveu que non escampara
Aire de terra, bágoas a xerras
Nadal mollado, xaneiro xeado.
Un día de sol no xaneiro, é como ter un lobo no eido
CHUVIA DE REFRÁNS
Que lista era a vella dos anos mil! Gardaba o pan para o maio 
e a leña para o abril
Cando en marzo maiea, en maio marcea.
Entre marzo e abril o cuco ten que vir
A auga á matutina, á tarde tormentiña
Aire de terra, bágoas ou xerras
Sempre por San Bartolomeu choivas ha de haber
Fai alí ao teu fillo herdeiro, onde anda a néboa no mes 
de xaneiro.
Amor e vento, se un se vai, veñen centos
Lúa chea e mollada, veñen dez días de augada.
Tronos con lúa nova, prepárense para que chova

CHUVIA DE REFRÁNS
Ave de mar que busca madrigueira, anuncia tempestade 
desta maneira
Gaivotas na horta, mal tempo na porta.
Nore claro, sur escuro, augaceiro seguro
Nubes barbadas, vento a carretadas
Vento do leste, chuvia como peste.
En xullo o melón toma cor
Martzo marceador que de noite chove e de día fai sol.
Arco da vella a mediodía, choiva para todo o día.
Branco xeo é de chuvia mensaxeiro
Ano de xiada, ano de paraugas
Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes
CHUVIA DE REFRÁNS
Sol de xaneiro, pouco duradeiro
Xaneiro quente, trae o demo no ventre
Maio chuvioso, verán caloroso
Nove meses de inverno e tres de inferno
Xullo normal, seca o manancial
Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar
A auga de maio non fai dano
Néboas rubias cara ao mar, velliñas a soallar
Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.

ACTIVIDADE 4:  PUBLICACIÓN DOS DATOS DAS MEDICIONS NA PAXINA WEB METEOESCOLAS-METEOGALICIA


1)   Obxectivos:
a)    Manexar con soltura  a información da paxina web METEOESCOLAS e facer uso dela cando sexa necesario.
b)   Introducir os datos das medidas realizadas  mes a mes na web

2)   Procedemento:
a)    Durante un par de sesións, os alumnos/as de 4º PDC , familiarizáronse  coa páxina web, estudando toda a información que nos proporciona e aprendendo a inserir os datos das medidas realizadas por eles
b)   No primeiro, segundo trimestre e terceiro trimestre do curso            , de modo individual ou  en grupos, o alumnado de 4º PDC ,  encargouse de revisar os datos das medidas de temperatura máxima, mínima e choiva realizadas nos días lectivos 

ACTIVIDADE 4.1:  TABOAS MEDIDAS DATOS DE NOVEMBRO A XUÑO

TOMA DE DATOS METEOESCOLAS
ANO
MES
Centro
Local.
2016
XANEIRO
IES Carlos Casares
  VigoPontev.
Día
Temp. (°C)
Precipitación
(L/m2)
Temperatura
%Hum
Presión mmHg
Máx.
Min.
T seco
Thumedo
V
1
S
2
D
3
L
4
M
5
M
6
X
7
V
8
      
S
9
D
10
13
L
11
12
7
15
10
7,5
68
1042
     
M
12
11
6
3,75
8,5
8,5
100
930
       
M
13
9
7
32
9
7,5
79
928
      
X
14
11
8
0,5
10
8
74
1050
     
V
15
5
0
6
4
70
940
     
S
16
D
17
15
0,88
L
18
12
4
0,5
10
7
62
910
     
M
19
12
5
0
10
8,5
64
920
        
M
20
12
4
0
10
9
93
1050
     
X
21
16
9
1
12
10
95
1050
    
V
22
13
0
16
15
89
921
     
D
24
21
1,8
L
25
17
13
0,9
13
12
88
920    
     
M
26
16
6
0
10
9
87
935
      
M
27
18
13
24,6
13
12
88
929
    
X
28
13
12
0,8
8
7
86
936
      
V
29
4
6
6
100
945
     
S
30
D
31
11
9,6

ACTIVIDADE 4.2- FOTOS TOMA DE DATOS







ACTIVIDADE 5: CLIMOGRAMA.  Comparación Temperaturas máximas 
e mínimas medias no noso centro (IES CARLOS CASARES) cas de 
outros centrso da rede de METEOESCOLAS.

1)         Obxectivos:
a)    Utilización de follas de cálculo informática
b) Observar diferenzas entre estacións meteorolóxicas localizadas en distintos 
puntos de Galicia

2)         Procedemento:
a)    Os alumnos de 4º PDC traballando en grupos utilízan os datos  das medidas das temperaturas máxima e mímina ,nos meses de xaneiro a maio, do noso centro e as doutro centro escollido ó chou (Medidas publicadas na web de meteoescolas-meteogalicia)  que  copian a unha folla de cálculo informática .
b)   Calculan temperaturas medias máximas e mínimas e fan unha gráfica comparativa cos datos

3)         Observacións e conclusións:
As temperaturas máximas na costa son mais altas que no interior comparando
os mesmos períodos de tempo



ACTIVIDADE 5.1: FOTOS CLIMOGRAMAS












ACTIVIDADE 5.1: CLIMOGRAMAS    -  4º PDC


    
     Tº-Máxima   
     Tº-Mínima
     Tº-Máxima
     TºMínima

       IES CC     
        IES CC  
      IES Cedeira
      IES Cedeira
18/01/16
12
4
14
12,3
19/01/16
12
5
17,3
8,5
25/01/16
17
13
16,2
9,9
26/01/16
16
6
16,4
4,7
27/01/16
18
13
17,1
10,2
28/01/16
13
12
12,8
11,4
01/02/16
13
9
17,1
6,5
02/02/16
14
9
16,4
10,1
03/02/16
14
12
17,2
9,1
04/02/16
14
4
19,6
2,8
15/02/16
10
10
15,4
7,8
16/02/16
12
5
16,9
4,2
17/02/16
8
4
16,9
3,2
18/02/16
10
3
14,6
3,2
22/02/16
12
5
14,8
9,2
25/02/16
9
8
16,8
10,8
03/03/16
22
1
15,3
5,3
29/03/16
15
4
15,5
4,8
03/05/16
27
12
27,1
11
04/05/16
31
16
35,2
11,5
09/05/16
19
9
22,7
12
10/05/16
15
10
22,9
9,5
11/05/16
10
9
25,3
8,9
12/05/16
16
11
22,6
12,8
18/05/16
20
11
22,6
9,6
19/05/16
21
11
24
15,1
23/05/16
24
11
29
9,5
24/05/16
19
13
25,6
14
25/05/16
20
11
25,6
14,4
26/05/16
22
11
28,5
8,7
30/05/16
20
11
23,3
13,9
31/05/16
24
11
31,1
15,9
Tº-Máx.Media
Tº-Mín.Media
Tº-Máx.Media
Tº-Mín.Media
16,53125
8,875
20,49
9,4










ACTIVIDADE 6:  Xogos co Léxico relacionado co clima.
                     Medida de datos na estación – Alumnos 1º ESO

OBXECTIVOS:

Ampliar vocabulario en lingua galega.
Favorecer o uso da lingua galega a través de diferentes actividades 
lúdicas e didácticas.
Aprender a realizar medicións cos aparellos da estación metereolóxica

PROCEDEMENTO
Na 2ª avaliación  faise a reorganización da aula en grupos de cinco ou 
seis integrantes para unha realizar as medicións na estación meteorolóxica.
E ó mesmo tempo Chuvia de ideas para decidir que poder facer con todo 
o léxico seleccionado. 
Tómanse as seguintes decisión: 
Elaborar un xogo de cartas do tipo “Familias” referidas 
aos catro campo semánticos do tempo: choiva, neve, bo tempo, mal tempo 
Elaborar un xogo de memoria cos refráns referidos ao tempo meteorolóxico. 
Elaborar un xogo de mesa con preguntas variadas referidas ao tempo:
Adiviñas
Debuxas
Imitas
Defines
Na 3ª avaliación  prepáranse os xogos para a exposición











ACTIVIDADE 6.1:  FOTOS XOGOS













ACTIVIDADE 7.- GRÁFICAS ESTADÍSTICAS

OBXECTIVO:
-      Aprender a debuxar graficas estadísticas - climogramas

PROCEDEMENTO:
       O alumnado de PMAR coordinados polo profesor de matemáticas,durante o segundo trimestre, encargóuse de realizar as medidas diarias de : temperatura, presión, precipitación.... durante un mes
       Cas taboas de datos de xaneiro a maio e aplicando calculo estádistico fan gráficas de barras en grupos non numerosos, para levar á exposición de fin de curso




ACTIVIDADE 7.1.- FOTOS GRÁFICAS PMAR











ACTIVIDADE 8:  EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

 1) Obxetivo :
       Dar a coñecer o traballo feito polos alumnos/as que participaron
neste proxecto e acercar a meteroloxía ó resto do alumnado do centro

2 ) Procedemento: 

A montaxe da exposición fixeronna os alumnos/as de 4º PDC baixo 
supevisión da súa profesora, no vestibulo do centro 
Cada grupo na aula correspondente foi preparando o material con 
anterioridade. 
Os meteoxogos tiveron gran aceptación e  nos recreos o alumnado do 
centro participou activamente



ACTIVIDADE 8:  FOTOS EXPOSICIÓN FIN DE CURSO











No hay comentarios:

Publicar un comentario