Tarefas - Fotografías





































Recopilación de Refráns relacionados co clima.

OUTONO
  • En decembro, xean as canas e asan as castañas
  • Por Santos, neve nos campos
  • De Santos a Nadal é inverno de verda
  • Por Santa Lucia medra a noite e medra o día
  • Outono quente, leva o demo no ventre

INVERNO
  • Choivas en Xaneiro, traén ano de diñeiro
  • Xaneiro quente, trae o demo no ventre
  • En xaneiro non te separes do braseiro
  • No mes de xaneiro pon os pés no braseiro
  • Febreiro ten vinte e oito, se tivese máis catro non paraba can nin gato
  • Auga de febreiro, mellor que a de xaneiro
  • Se a Candelaria chora, vai o inverno fóra. Cando a Candelaria ri, o inverno está por vir
  • Se xea por San Blas, trinta días máis
  • Se non chove en febreiro, nin gando nin bo sementeiro
  • A quince de marzo dá o sol na umbría e canta a andoriña
  • Marzo marzal pola mañá cara de can, pola mediodía cara de raiña e pola noite sega coma unha fouciña
  • Marzo marzal, pola mañá cara de risa, pola noite cara de can
  • Cando chove e venta o inverno entra. Cando chove e encora o inverno vai fóra
  • Neve na lama, chuvia na cama
  • No entroido na casa, na páscoa na casa

PRIMAVERA
  • Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón
  • Se en marzo maiea, en maio marcea
  • Marzo escarbaroso, abril chuvioso
  • Marxo ventoso e abril chuvioso, fan maio florido e fermoso
  • Abril augas mil e todas caen nun barrils
  • Abril mollado, de páns ven cargado
  • Abril augas mil
  • No mes de abril, foxen os porcos ao cubil
  • Ata o corenta de maio non te quites o saio

VERÁN
  • Por moito que queira ser, en xullo pouco ha chover
  • Se en xullo non vén treboada, habera mala anada
  • Xullo normal, seca todo o manantial
  • Agosto mollado, neve todo o ano
  • En agosto secan os montes e en setembro as fontes
  • Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes
  • A chuvia de agosto mata o mosto
  • Golfiños que moito salta, vento traen e calma espantan
  • Tarde de arcos, mañá de charcos
  • Ceo empedrado, chuvia decontado
  • Cando chove miudiño, o arco da vella aparece no camiño
  • sol sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro
  • Ceo escamento, chuvia ou vento
  • Rubias ao mar, vellas a sollar. Rubias ao Miño, vellas ao niño
  • Rubias na Franqueira, vellas á borralleira
  • Nubes na montaña, vellas á borralla. Nubes na ribeira, vellas na raxeira
  • Lúa nova con treboada, ata oito días nada
  • Lúa chea e mollada, trae dez días de augada
  • Lúa nova treboada, trinta días vén mollada
  • Tronos con lúa nova,  prepárense para que chova
  • Neve na lama, chuvia na cama
  • Xiada na lama, auga na cama
  • Vento do norte, auga forte
  • Norte escuro, vendaval seguro
  • Ano de nevadas, ano de fornadas
  • Cando chove e hai sol anda o demo por Ferrol
  • Gaivotas na porta, mal tempo na horta
  • Gaivotas ao mar, mariñeiros a traballar. Gaivotas á terra, mariñeiros á merda

Comparación entre as precipitacións de estacións meteorolóxicas próximas á costa atlántica galega e outras do interior de Galicia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario