Meteoescolas 2014-15

Obxectivos


-  Educar en valores como :, traballar en grupo respectando aos compañeiros, ...
-  Traballar as seguintes competencias básicas: coñecemento e interacción co medio físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, aprender a aprender, competencia matemática.
-  Traballar utilizando o método científico: observación, , formulación de hipóteses, traballo experimental para comprobación da hipótese e obtención  de conclusións
-  Estudar o clima no entorno do IES.
-  Aprender conceptos básicos para o coñecemento do clima.
-  Medir e anotar datos de temperaturas, presións e precipitacións na estación meteorolóxica situada no recinto do IES, durante o curso 2014/15 e publicalos na web de MeteoGalicia.
-  Fixar contidos estudiados o curso pasado e preparalos para o seguinte (Referimonos a o alumnado de 2º da ESO que participa no proxecto)
-  Construir táboas e gráficos  coas medidas realizadas
-  Elaboración de climogramas .
-  Utilización de follas de cálculo .
-  Comparar os datos rexistrados cos doutros centros educativos a través da web de MeteoGalicia.
-  Construción de instrumentos caseiros de medición de magnitudes metereolóxicas
- Visita a estación meteorolóxica



O proxecto se levará a cabo con alumnos/as de de 2º ESO na materia de CSXH  e con alumnado do Proxecto de Diversificación Curricular 1º curso ( 3º de ESO), así como tamén alumnos/as de 4º de ESO na materia de FÍSICA E QUÍMICA 




Obxectivo cumprido !!! 

Grazas a todo o alumnado e  profesor@s participantes neste proxecto



_________________________________________________________



ACTIVIDADE 1: Medicións, instruccións:




ACTIVIDADE 1: Coñecemento e manexo dos instrumentos de medida da estación meteorolóxica.


1)   Obxectivos:
a)    Explicar os distintos instrumentos de medida da estación meteorolóxica.
b)   Coñecer e poñer en práctica o protocolo de toma de datos meteorolóxicos.

2)   Procedemento:
a)    Exposición na aula, mediante presentación Power Point, das características e utilización dos instrumentos de medida.
b)      Aplicación práctica da información obtida baixo a supervisión dun profesor.
















ACTIVIDADE 2: Recopilación de Refráns relacionados co clima.

1)   Obxectivos:
a)    Recopilar refráns no ámbito familiar relacionados co clima
b)   Interpretar os refráns

2)   Procedemento:
Os alumnos de 2º ESO recopilan refráns implicando a seus avós , pais, veciños, 
amigos,..... , relacionados co tempo e co clima  traballando individualmente no 
2º trimestre do curso 2014-15.
Recollidas todas as propostas , fixeron unha selección por estacións.
Leidos os refráns, interpretáronos


  
ACTIVIDADE 2:


OUTONO
  • En decembro, xean as canas e asan as castañas
  • Por Santos, neve nos campos
  • De Santos a Nadal é inverno de verda
  • Por Santa Lucia medra a noite e medra o día
  • Outono quente, leva o demo no ventre

INVERNO
  • Choivas en Xaneiro, traén ano de diñeiro
  • Xaneiro quente, trae o demo no ventre
  • En xaneiro non te separes do braseiro
  • No mes de xaneiro pon os pés no braseiro
  • Febreiro ten vinte e oito, se tivese máis catro non paraba can nin gato
  • Auga de febreiro, mellor que a de xaneiro
  • Se a Candelaria chora, vai o inverno fóra. Cando a Candelaria ri, o inverno está por vir
  • Se xea por San Blas, trinta días máis
  • Se non chove en febreiro, nin gando nin bo sementeiro
  • A quince de marzo dá o sol na umbría e canta a andoriña
  • Marzo marzal pola mañá cara de can, pola mediodía cara de raiña e pola noite sega coma unha fouciña
  • Marzo marzal, pola mañá cara de risa, pola noite cara de can
  • Cando chove e venta o inverno entra. Cando chove e encora o inverno vai fóra
  • Neve na lama, chuvia na cama
  • No entroido na casa, na páscoa na casa

PRIMAVERA
  • Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón
  • Se en marzo maiea, en maio marcea
  • Marzo escarbaroso, abril chuvioso
  • Marxo ventoso e abril chuvioso, fan maio florido e fermoso
  • Abril augas mil e todas caen nun barrils
  • Abril mollado, de páns ven cargado
  • Abril augas mil
  • No mes de abril, foxen os porcos ao cubil
  • Ata o corenta de maio non te quites o saio

VERÁN
  • Por moito que queira ser, en xullo pouco ha chover
  • Se en xullo non vén treboada, habera mala anada
  • Xullo normal, seca todo o manantial
  • Agosto mollado, neve todo o ano
  • En agosto secan os montes e en setembro as fontes
  • Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes
  • A chuvia de agosto mata o mosto
  • Golfiños que moito salta, vento traen e calma espantan
  • Tarde de arcos, mañá de charcos
  • Ceo empedrado, chuvia decontado
  • Cando chove miudiño, o arco da vella aparece no camiño
  • sol sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro
  • Ceo escamento, chuvia ou vento
  • Rubias ao mar, vellas a sollar. Rubias ao Miño, vellas ao niño
  • Rubias na Franqueira, vellas á borralleira
  • Nubes na montaña, vellas á borralla. Nubes na ribeira, vellas na raxeira
  • Lúa nova con treboada, ata oito días nada
  • Lúa chea e mollada, trae dez días de augada
  • Lúa nova treboada, trinta días vén mollada
  • Tronos con lúa nova,  prepárense para que chova
  • Neve na lama, chuvia na cama
  • Xiada na lama, auga na cama
  • Vento do norte, auga forte
  • Norte escuro, vendaval seguro
  • Ano de nevadas, ano de fornadas
  • Cando chove e hai sol anda o demo por Ferrol
  • Gaivotas na porta, mal tempo na horta
  • Gaivotas ao mar, mariñeiros a traballar. Gaivotas á terra, mariñeiros á merda
   


ACTIVIDADE 3: Representación gráfica de Refráns

1)   Obxectivos:
Interpretar e representar graficamente distintos refráns seleccionados
2)   Procedemento:
a)      Os alumnos/as de 3º PDC seleccionaron distintos refráns dos recopilados anteriormente

b)      Fixeron en grupos de dous unha interpretación gráfica dos refráns para logo imprimilos e plastificalos para a Exposición de Fin de Curso

ACTIVIDADE 3: Representación gráfica de Refráns

Choivas en xaneiro, traen auga de  diñeiro.


Marzo marzal pola mañá cara de can,
polo mediodía cara
de raiña e pola noite sega, coma unha fouciña.


Gaivotas ao mar,mariñeiros a traballar.
Gaivotas á terra,mariñeiros á merda.



Ata o corenta de maio non te quites o saio



Se non chove en febreiro, nin gando nin bo sementeiro.



Lúa nova treboada, trinta días vén mollada.


Xaneiro quente, trae o demo no ventre


O Sol sin sombreiro, nin en Agosto, nin en Xaneiro



Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes



Abril augas mil  e  todas caen nun barril



Cando chove miudiño, o arco da vella aparece no camiño



Golfiños que moito saltan,vento traen e calma espantan


En xaneiro non te separes do braseiro


En decembro, xean as canas e asan as castañas

Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.


No mes de xaneiro, pon os pes no braseiro


No entroido na casa, na páscoa na casa




ACTIVIDADE 4:  Construir instrumentos de medida con materiais de refugallo


1)   Obxectivos:
a)    Entender como funcionan os distintos aparellos de medición de presión e forza do vento.
b)   Construir instrumentos de medida de magnitudes metereolóxicas

2)   Procedemento:
a)    No primeiro e segundo trimestre , de modo individual ou  en grupos, o alumnado de 2º C , elaborou instrumentos de medición caseiros a partir de mateiral que colleron nas súas casas de refugallo

b) Os alumnos/as explicaron o procedemento de fabricación dos aparellos e o seu funcionamento na aula diante do resto dos compañeiros/as

c) O material recollido pasou a expoñerse no departamento de Historia e máis tarde na exposición de METEOESCOLAS no vestibulo do centro
























ACTIVIDADE 5: Elaboración de un blog: quechova.blogspot.com.es


1)   Obxectivos:
Coñecer o tempo e o clima utilizando novas tecnoloxías

2)   Procedemento:

O alumnado de 2º ESO coa supervisión da profesora creou o blog onde se recollen en distintos apartados: datos meterolóxicos, climogramas, curiosidades da meteroloxía, videos de tempo e clima, experimentos, tarefas e fotografias, exposición fin de curso...


 O enlace é o seguinte:  www.quechova.blogspot.com.es


ACTIVIDADE 6:  EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

1)   Obxectivos:
a)    Dar a coñecer o traballo feito polos alumnos/as que participaron neste proxecto e acercar a meteroloxía ó resto do alumnado do centro

2)   Procedemento:
Na montaxe da exposición participaron todos os alumnos/as do proxecto,  2º ESO, 3º PDC e 4º ESO.
Cada grupo na aula preparou a súa parte e logo fixose a exposición en conxunto, no vestibulo do centro.  Nos mapas elaborados tanto de tempo como de temperaturas, foron os propios alumnos os encargados de cambiar diarimente e actualizar os datos .











ACTIVIDADE 7:  ELABORAR UN CLIMOGRAMA

1)   Obxectivos:
Coñecer o clima anual (ano 2014) dunha zoa de Vigo proxima ó centro


2)   Procedemento:
Primeiramente os alumnos de 3º PDC recolleron os datos  de temperatura e precipitación do ano 2014 da estación metereolóxica do Campus de Vigo en Meteogalicia
A continuación calcularon as medias mensuais de temperatura e precipitación e construiron unha taboa.
Por último elaboraron o climograma correspondente e estudaron, contrastaron e comentaron a gráfica









ACTIVIDADE 8: Comparación entre as precipitacións de estacións meteorolóxicas próximas á costa atlántica galega e outras do interior de Galicia.


1)        Obxectivos:
a)    Utilización de follas de cálculo informáticas.
b) Observar diferenzas entre estacións meteorolóxicas próximas á costa galega e outras do interior de Galicia.

2)        Procedemento:
a)    Utilízanse os datos de precipitacións de febreiro e marzo, publicados na web de meteogalicia que se copian a unha folla de cálculo informática.
b)   Calcúlanse as precipitacións totais e faise unha representación gráfica.

3)        Observacións e conclusións:
Salvo os fortes temporais habidos en Vigo, observase como as precipitacións son moi abundantes para as estacións meteorolóxicas próximas á costa galega e moito menores para as estacións do interior de Galicia.






Exposición Fín de curso




 





















































No hay comentarios:

Publicar un comentario